Logotipo

Edicións do Rueiro

Edicións do Rueiro foi fundada en 1973 por Andrés Salgueiro Armada, Xosé Vilas Nogueira, Xavier Villar Trillo, Xosé Harguindey Banet, Cipriano Luís Jiménez Casas e Fidel Vidal Pérez.

O seu principal obxectivo foi o de editar estudos de ciencias sociais para contribuír á superación da a idea de que o galego era un idioma só apto para publicar literatura. Así, os primeiros títulos que deron ao prelo foron O estatuto galego de Vilas Nogueira, Ensaios marxistas de Felipe Martínez Marzoa, A contaminación na Galicia de Ramón López-Suevos e Francisco Bermejo Martínez, e Control de natalidade, métodos contraceptivos de Jiménez Casas. Nesta mesma liña comezan a publicar en 1980 a revista Man Común, dirixida por Xosé Antón Gaciño, que tería que pechar un ano despois por cuestións económicas, o determinaría tamén o peche da editorial.


Obras publicadas (ordenación cronológica, alfabética dentro del mismo año)