Logotipo

Ronsel

Na liña da colección Xistral, e algo posterior no tempo, aparece en Lugo a Colección Ronsel, un nome que tamén é, obviamente, unha homenaxe ao experimento vangardista que foi a revista do mesmo nome. Creada e dirixida por Arcadio López-Casanova, e subtitulada “Entregas de poesía”, na colección publícanse tres libros en galego. No derradeiro volume editado, o de Lois Diéguez, anúnciase en prensa un novo poemario de Manuel María, Acusación privada, que xa non vería a luz.

Os dous primeiros libros aparecen impresos en Gráficas Bao e o derradeiro en Gráficas Breogán, imprenta da que só sairá outro libro máis neste período.


Obras publicadas (ordenación cronológica, alfabética dentro del mismo año)