Logotipo

Edicións Xistral

Manuel María retoma a iniciativa editorial que o levara a impulsar a antiga colección Xistral e funda en 1968 a Editorial Xistral, con sede en Monforte, acompañado neste proxecto por Saleta Goi.

Nesta editora publicaranse 14 libros entre 1968 e 1975, a maior parte dentro da Colección de poesía “Val de Lemos”.