Logotipo

Reprografía Alvarellos

A historia desta empresa comeza, en maio de 1963, coa fundación en Lugo da Academia Alvarellos por parte do casal formado por Henrique Alvarellos e a mestra Conchita Casas. En 1966, doce anos antes de fundar oficialmente a editora, Henrique Alvarellos edita o primeiro libro como Academia Alvarellos que foi o método de mecanografía da súa autoría. Aos poucos, vai comezando o labor de edición, primeiro sob o rótulo de Reprografía, logo Imprenta e, máis tarde, xa como Editorial Alvarellos.

Por tanto, os volumes editados antes de 1975 non se correspondían cun plano editorial definido senón que, basicamente, se publicaban as propostas que ían chegando e que logo aparecían como edicións de autor (Alvarellos encargábase de confeccionar e distribuír os libros). Neste período, a Reprografía Alvarellos edita, sobre todo, en castelán, pois dos seis títulos publicados só hai un que se pode considerar, polo menos parcialmente, como obra en lingua galega; trátase de Las cantigas de escarnio y maldecir de Alfonso X, editadas polo profesor Epifanio Ramos de Castro en 1973.

Web da editorial Alvarellos [A nosa historia]: https://alvarelloseditora.gal/a-nosa-historia/


Obras publicadas (ordenación cronolóxica, alfabética dentro do mesmo ano)
  • Test mecánica adaptados al nuevo sistema de tráfico, 1970
  • Fundamentos de sicología general y evolutiva, Manuel Cobeta Gimeno, 1971
  • Genealogía heráldica de la casa de Basan Grande y del pazo de la Penacha, Luis Campo Fernández, 1973
  • Las cantigas de escarnio y maldecir de Alfonso X, Epifanio Ramos de Castro, 1973
  • Gamas de velocidad mecanográfica, Enrique Alvarellos Iglesias, 1974
  • Los hijos de los conquistadores, José L. Santos Lago, 1974