Logotipo

Bibliófilos Gallegos

A Editorial Bibliófilos Gallegos naceu en 1949 en Santiago de Compostela arredor do Instituto Padre Sarmiento e do Seminario de Estudos Galegos. Os seus fundadores foron Francisco Sánchez Cantón e Xosé Filgueira Valverde, xunto con Felipe Cordero Carrete e Marcelino Blanco de la Peña. 

Foi un dos primeiros proxectos editoriais da posguerra e tivo por obxectivo a recuperación de clásicos e a publicación de novos textos de temática variada, en galego e en castelán, que afondasen no estudo de Galiza e na difusión do mundo da literatura, das artes, da etnografía e da historia.

As súas publicacións organizáronse en tres coleccións diferentes: a Colección de los Bibliófilos Gallegos, onde se reeditaban facsimilares de obras raras e relevantes, a Biblioteca de Galicia, que daba a coñecer textos inéditos ou reimpresións de obras existentes, e a colección Obradoiro, que acollía monografías ilustradas de divulgación artística.

Despois do pulo dos primeiros anos, coa publicación de varios títulos anuais, convocatorias de premios etc., o ritmo comeza a decrecer. No ano 1992 a editorial disolve a sociedade e constitúese como fundación.

Pódese consultar máis información en:

Mato, Alfonso (2018). «Semblanza de Editorial de los Bibliófilos Gallegos (1949-1992)». En Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes - Portal Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) - EDI-RED: http://www.cervantesvirtual.com/obra/editorial-de-los-bibliofilos-gallegos1949-1992-semblanza-928674/


Obras publicadas (ordenación cronolóxica, alfabética dentro do mesmo ano)
  • Camiños no tempo, Ramón Cabanillas Enríquez, 1949
  • Descripción del Reyno de Galizia, Bartolomé Sagrario de Molina, 1949
  • El pórtico de la Gloria, Ángel del Castillo López, 1949, 2ª ed. 1954
  • El Museo de Pontevedra, Francisco Javier Sánchez Cantón, 1950
  • Monografías de Santiago y dispersos de temas compostelanos (1844-1852), Antonio Neira de Mosquera, 1950
  • A xente da Barreira, Ricardo Carballo Calero, 1951
  • Industrias de Sargadelos, Xosé Filgueira Valverde, 1951
  • Macías el Enamorado y Juan Rodríguez del Padrón: estudio y antología, Carlos Martínez Barbeito, 1951
  • Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galicia a la Majestad de la Reyna D. Margarita de Austria, Nra. Señora., Joan Gómez Tonel, 1951
  • Ribadavia, Manuel Chamoso Lamas, 1951
  • Cancioneiro da poesía céltiga, Julius Pokorny, 1952
  • El cazador gallego con escopeta y perro (1837), Froilán Troche y Zúñiga, 1952
  • F.A. de Sotomayor, Francisco Javier Sánchez Cantón, 1952
  • Monforte de Lemos, José Manuel Pita Andrade, 1952
  • La Catedral de Lugo, Francisco Vázquez Saco, 1953
  • Novelas de López Ferreiro, Antonio López Ferreiro, 1953
  • Edificio espiritual, María Antonia de Jesús, 1954
  • El Pórtico de la Gloria = The Portico of Glory, Ángel del Castillo López, 1954
  • Le Portique de la Gloire, Ángel del Castillo López, 1954
  • Monasterios cistercienses de Galicia, Leopoldo Torres Balbás, 1954
  • Versos de alleas terras e de tempos idos, Ramón Cabanillas Enríquez, 1955
  • Opúsculos gallegos sobre bellas artes de los siglos XVII y XVIII (Vega y Verdugo, Domingo de Andrade, P. Feijoo, P. Sarmiento, Felipe de Castro, Prado Mariño), 1956
  • El tesoro de la catedral compostelana, Xosé Filgueira Valverde, 1959
  • Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII (Araújo y Salgado, Feijoo, Sarmiento, Gómez de Bedoya y Fernando Oxea), 1961
  • Pontevedra, Francisco Javier Sánchez Cantón, 1963
  • Lago González: biografía y selección de su obra gallega, Xosé Filgueira Valverde, 1966
  • El Viaje a Galicia de Urrabieta Vierge, Xosé Filgueira Valverde, 1969
  • Armas y triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia, Felipe de la Gándara y Ulloa, 1970
  • Historias de Compostela, Xosé Filgueira Valverde, 1970
  • Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia, Ángel del Castillo López, 1972
  • Orense, Ramón Otero Pedrayo, 1973
  • Gondomar y su triunfo sobre Raleigh, Lois Tobío, 1974
  • Lugo, Antonio Fraguas Fraguas, 1974
  • Nobiliario de D. Pedro Conde de Barcelos, Pedro, Conde de Barcelos, 1974
  • O Novo Testamento, 1974
  • Pedro Madruga de Sotomayor, caudillo feudal, Gaspar Massó, 1975
  • Sagra Biblia en galego, 1975
  • Blasones y linajes de Galicia, José Santiago Crespo Pozo, 1957-1965
  • Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Antonio Couceiro Freijomil, 1951-1953