Logotipo

Colección Benito Soto

A Colección Benito Soto foi un proxecto editorial nacido en Pontevedra en 1949 da man de Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino​ Torres Ferrer, o seu director. O seu nome procede de Benito Soto, o famoso pirata pontevedrés da Moureira, e chegou a publicar un total de 16 títulos de poesía en galego e castelán impresos todos en Gráficas Torres de Pontevedra. No 1951 crearon unha colección de ensaio denominada “Huguín” da que saíron 3 títulos e un máis noutra colección que se chamou “Cuadernos de Arte Gallego”. En 1954, aínda que andaban ás voltas coa idea de sacar unha colección de narrativa breve, a Colección Benito Soto deixou de existir.


Publications (in alphabetical order by year)