Esta libraría foi fundada por José Galí Camps en 1872 en Santiago de Compostela, no local da rúa do Vilar onde se mantivo, practicamente sen cambios, até 2006, cando pechou as portas definitivamente.
A libraría, que xa tiña algún título editado antes da Guerra Civil, vai manter unha certa actividade editorial a partir da década de 40 arredor dun reducido catálogo de obras, sobre todo en español. Entre estas, cabe subliñar un título, La casa de la Troya (auténtico best-seller da época), que conta con 19 edicións no período.
O seu labor editorial en galego é moi limitado. Con todo, cómpre subliñar que a súa edición de Cantares Gallegos é a primeira que se publica na Galiza no período de posguerra.