Logotipo

Editorial Pico Sacro

Pico Sacro foi unha editora radicada en Santiago de Compostela que publicou libros en galego e en español. Fundada por tres docentes universitarios, José Luis Barreiro Barreiro, Xosé Ramón Barreiro Fernández e José Barreiro Somoza, e mais polo avogado Antonio Rodríguez Cadarso (que logo se retirou do proxecto), desenvolveu a súa actividade entre 1974 e 1979.

A editorial orientouse, sobre todo, á edición de estudos de carácter académico, un tipo de produción que naquel momento carecía de canles editoriais, quer institucionais quer privadas, que acollesen e posibilitasen a visibilización dos resultados de investigacións de orixe, fundamentalmente, universitaria. Así, ao longo da súa breve andaina, Pico Sacro vai desenvolver un interesante catálogo editorial caracterizado pola súa variedade temática, se ben nel resulta evidente o peso dos estudos históricos. En concreto, esta parte do catálogo da editora organizouse arredor de dúas coleccións: Biblioteca de Bolsillo e Biblioteca Universitaria.

En 1975 inaugúrase outra colección marcadamente diferente, Teatro Galego, dirixida por Miguel Pérez Romero, a única onde se publicaron libros en lingua galega. Ao longo de dous anos nesta colección edítanse catro obras, todas elas consideradas hoxe obras de referencia do teatro galego daquel tempo.

Pódese consultar máis información en: Martínez Portela, Sheila (2019). «Semblanza de Pico Sacro (Santiago de Compostela, 1974-1979)». En Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes - Portal Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) - EDI-RED: http://www.cervantesvirtual.com/obra/pico-sacrosantiago-de-compostela-1974-1979-semblanza-946395/


Obras publicadas (ordenación cronológica, alfabética dentro del mismo año)