Logotipo

Entidades editoriais

Preséntase a seguir a relación de entidades que, ao longo desta etapa, desenvolveron proxectos editoriais e que publicaron todo ou parte do seu catálogo en galego.

  • En primeiro lugar, sinálanse as editoriais, imprentas e librarías que nestes anos desenvolveron proxectos editoriais comerciais onde se publicaron libros en galego. Somos conscientes de que nalgúns casos as fronteiras entre os tres grupos resultan difusas (pois hai imprentas que son tamén editoras, librarías-imprenta...). Con todo, pensamos que esta organización permite dar unha idea da diversidade de axentes que participaron no mundo da edición en galego ao longo do período obxecto de análise.
  • Baixo o título Outras entidades editoras comerciais agrupamos aquelas iniciativas que, utilizando a denominación de coleccións, funcionaron como proxectos editoriais, fose con maior ou menor produción.
  • Recóllense baixo a epígrafe de Outras entidades editoras non comerciais os organismos, institucións, asociacións, colectivos etc. que editaron algún libro en galego durante esta etapa.
  • Por último, neste período tamén hai libros que non aparecen baixo o selo dunha entidade editorial e que moi frecuentemente foron produto da autoedición. Son aqueles que aparecen publicados baixo as etiquetas de "O autor" e, en moitos casos, "s.n.".
Editorials
Printers
Bookstores
Other commercial publisher
Other non-commercial publisher
Self-publishing