Logotipo

Manuel R. Moret

17 de abril de 2013. A Coruña

Entrevista ao director da Imprenta Moret.

A Imprenta Moret no Castro

Transcrición

Díaz Pardo tiña especial interese en manter a impresión tipográfica?

Moitísimo, claro. Era o que máis lle gustaba, como a Seoane. A Seoane tamén lle fixemos cousas alí, e recordo eu que Seoane pasaba a man pola folla, así acariciándoa, e dicía: “É que é divino notar isto, este relieve” si, Seoane ía ao taller, collía a espátula..., era un namorado das artes gráficas, ía alí e facía a tinta el para o maquinista e todo, era tremendo.

Que lembrarías da relación persoal e profesional, logo de tantos, anos con Díaz Pardo?

Pois eu considéroo como meu segundo pai, en realidade. Eu con el nunca tiven ningún roce, ningún roce, deume toda a liberdade total e completa de “ti fai e desfai”...

Se ti les un libro impreso en tipografía, en chumbo, en pó, e colles un de offset, si, o offset está moi ben, ten moita limpeza, porén, vas notar que a vista cansa menos no de chumbo que no de offset. Isaac quería a cousa máis artesanal, máis artística, o chumbo, iso lle encantaba e a linotipia.

E ata o final saíron libros que se fixeron tipograficamente, non?

Ata os 90 pero xa... sen saír del. Bueno, algún si, algún de poesía eu creo. Si algún si fixo, pero moi poucos. É moito máis caro: para traballar en tipografía con chumbo precisan moita xente, mentres que no offset pois é unha película e unha prancha e ala, veña, tira. A preparación é distinta, xa no ordenador xa cho deixa maquetado, preparado, mentres que co chumbo todo é manual, tes ti que compaxinar, facer as páxinas... é máis complicado.

Tiña coleccións boas, outros libros que imprimía... eu unha vez díxenlle: “Isaac eu este libro... eu creo que... eu non o faría desde logo”. E, claro, miroume como dicindo: “Ti que sabrás”. E claro, fíxose.

Que coleccións lle gustaban a vostede?

“Documentos de la historia”. É moi importante esa colección, moi importante.

 Moita xente descoñece o grande labor que fixo este home. Aínda non está compensado o esforzo que fixo porque en “Documentos”, ben o sabe Charo, quizais sexa das máis importantes do país. É posíbel. Despois, claro, Isaac tiña iso, que viña ao mellor calquera cun libriño: “Ah, trae que cho fago”. E ao mellor o libriño non valía a pena facelo, pero un día que lle dixen eu: “Isaac eu isto non o facía”, dime: “Se non se axuda, se non se axuda a un novel, a ver quen vai a axudar, hai que facelo, Manolo, hai que facelo”. Pois veña cultura en Galicia, adiante, como dicía el: “adiante”, pois adiante. Pero desde logo, si, eu creo que os intelectuais si saben o esforzo que fixo Isaac, pero a maioría da xente nin llo agradeceu tan sequera,

 

Máis desta entrevista: