Logotipo

Sabino Torres

27 de marzo de 2013. Pontevedra

Entrevista a Sabino Torres.

Sobre "Musa Alemá"

Transcrición

Blanco Freixeiro, que era un rapaz moi interesante, catedrático de Madrid, director da Casa de Galicia en Roma, subdirector do Prado, en fin, un rapaz con categoría... chegou, veu de Alemaña, dunha viaxe e entón viña falando da poesía. Claro, nós tiñamos unhas tertulias nosas, o tema predominante era a poesía, iso dende logo, entón, recitounos poemas alemáns e el con Ferreiro acordaron: “se ti mas traduces e eu as paso ao galego, podiamos facer unha cousa bonita.” [Foi idea dos dous, entón] Os dous. Freixeiro traíaas traducidas ao castelán ou a un galego malo, porque el falaba moi mal galego, case non falaba, e Ferreiro dáballe a versión galega, que eu creo que recreaba o poema. Marga Romero contoume que eles fixeran un estudo profundo de Musa alemá e déronse conta que as traducións eran rigurosísimas, eran perfectas. De Blanco e o galego.... Eu acórdome de que chegaba e ao mellor, dicía: “viña un ronxer de axóuxeres...” Comentabamos os versos na tertulia do Birinbao -que é outro dos erros que andan por aí, a tertulia non era de Ferreiro, porque era de rapaces, de xente nova, pero Ferreiro foi o que lle puxo Birinbao, e a xente identificouna con el, que ía por aí moi a miúdo... E cando a tertulia a botaron pola radio, pois xa foi unha cousa seria, e viñeron os maiores e botaron aos rapaces... Chamoulle de Birimbao porque o birimbao, a resonancia está na boca. Alí falábase moito, falábase, berrábase, facíase de todo... E Rafael ía facendo os debuxos e así montaron o libro.

Máis desta entrevista: