Logotipo

Sabino Torres

27 de marzo de 2013. Pontevedra

Entrevista a Sabino Torres.

Corte 5

Transcripción

Cando me denunciaron polo da Colección Benito Soto -fíxate ti de que se preocupaban os ilustres pontevedreses-; pois cando chegou a hora da verdade, eu xa era unha persoa para el coñecida, e sabía quen era eu, e entón vai dicir “Este terrorista...home por Dios, Cuña, Negreira, pero bueno...” Nós non tiñamos nin actividade... o noso camiño era a poesía, non importaba outra cousa. Agora, que a xente interpretara..., ah! iso, non me estrañaría, que incluso o director xeral tivese en contra iso para dicir que non. 

Cancelei a colección, pasei un pouco, non da miña poesía porque iso era para min sagrado, pero do mundo editorial, da poesía... e metinme en Ciudad, en Litoral... Litoral como vos contei, non andaba ben porque ninguén me axudou, mandei todo... deille ao meu pai e marchei para Madrid, vivín un ano feliz ou ano e medio feliz facendo unha bohemia deliciosa e esas son as cousas que gardo no meu corazón, as cousas importantes. O que pasou é que a colección Benito Soto, por unha serie de circunstancias colleu nome e pulo pola calidade dos libros que publicaba. Pero claro, era moi fácil, todo o mundo tiña un libro e era escoller o mellor!

Más de esta entrevista: