Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Sobre Celta de Vilagarcía

Transcrición

Ás veces, aparece tamén nos libros Celta, de Vilagarcía e Celta de Lugo.

Celta de Vilagarcía era outra cousa. Alí se publicou Cómaros verdes de Aquilino no 47. Non ten nada que ver con Celta de Lugo. Era unha imprenta, que de cando en vez publicaba algún libro, porque...o famoso libro de Aquilino no ano 47 era porque el estaba de profesor no colexio de León XIII, ten ese libro e lévao á imprenta que o publica e pon Ediciones Celta, pero é un libro pagado polo autor. E se en vez de Aquilino vai outro cun folleto ou cun conto, pois... Celta de Madrid si, porque era unha sucursal que tiña Celta de Lugo. Como editaban cousas de tráfico, lle interesaba, tiñan alí en Madrid unha oficina e vendían de paso Retrincos ou calquera cousa así.

Máis desta entrevista: