Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Bibliófilos Gallegos

Transcription

En canto a Bibliófilos Gallegos, xa que me preguntades polo perfil intelectual e político (no meu libro sobre Piñeiro aclaro isto), Bibliófilos é unha operación franquista contra a literatura galega. Bibliófilos Gallegos nace de Sánchez Cantón, que tiña moito poder en Pontevedra, en Galicia e en Madrid: membro de varias Academias, catedrático de Historia da Arte (fun alumno del do 48 ao 49, desgraciadamente, porque non aprendín nada), sabio e erudito, e moi amigo de Filgueira. E Filgueira, que tiña simpatía por calquera manifestación cultural galega -e con tal de estar na punta da pola, se cadra facía cousas que intimamente non lle gustaban moito-.

E cal era a operación? Nese momento empeza a haber os primeiros atisbos de literatura en galego escrita ou feita ou promocionada por xente que non é franquista, que deciden “imos facer isto nós, dende o franquismo”. É cando acaban de nomear director do Instituto Padre Sarmiento a Sánchez Cantón, unha operación curiosa: o Seminario de Estudos Galegos convertido en Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, con Sánchez Cantón de director e con algúns dos directores de sección (Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas) que xa dirixiran seccións no Seminario de Estudos Galegos, aceptaron isto, dándolle así unha certa lexitimidade ao Padre Sarmiento. Este home fai Bibliófilos Gallegos e publican traduccións de Cabanillas, publican A Xente da Barreira, a novela de Carvaho Calero -pésima novela- que gañou o 1º premio de novela de Bibliófilos, que competiu con 7 ou 8 novelas mellores pero como no xurado había moitos galeguistas (Otero Pedrayo, Cabanillas, Álvarez Blázquez...), déronlle o premio á novela en galego. Aí non hai atisbos de galeguismo. É unha operación en todo caso para facer un galeguismo erudito, arqueolóxico, de edicións facsímiles. Fixeron unha edición facsímil dun libro moi importante: as famosas Festas Minervais, nunha edición que fixo Rey Soto...

Related items