Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Colección "O Moucho"

Transcription

Eu estaba falando de Monterrey, que nace no 51 e que tivo o seu esplendor entre o 51 e o 54, e que publicou pouco; era unha experiencia de bibliofilia, non doutro tipo. Xosé María Álvarez Blázquez  (que tamén tiña a Almoneda Monterrey, en Pi i Margall) dase conta de que hai que facer outra cousa; el, bo poeta, que era moi sabio e tiña moito sentido, decátase que hai que facer algo que non tampouco facía Galaxia. Porque Galaxia, no fondo, tiña tics culturalistas, de elitismo. Non te imaxinas a ninguén de Galaxia inventando unha colección coma a de "O Moucho" que tivo moitísimo éxito. Esta inventouna Álvarez Blázquez que lle pregunta ao mercado. E empezou publicando o Catecismo do labrego, do que saíron doce edicións, ou sexa miles de exemplares, un feito insólito na literatura galega. E claro, ti preguntas unha cousa que está moi ben: para conseguir diñeiro?, claro, e por que non? Se ti cos libros eruditos de Monterrey chegabas a 200 eruditos, evidentemente non era bo negocio, mais se publicando o Catecismo do labrego ou outros libros, como un libro que publiquei eu, Cántigas Sociales (que fixeron 2 ou 3 edicións nun ano), tes éxito, podes vivir e facer outras cousas. Por iso, Álvarez Blázquez pode publicar, además de "O Moucho", cousas como a colección “Pombal”: poesía completa de Pondal, poesía completa de Curros Enríquez, poesía completa de Amado Carballo, etc. Curros véndese, pero Amado Carballo non se vende, mais o Catecismo do labrego, si. El vai así conseguindo un pouco de diñeiro, porque ademais Álvarez Blázquez ten que manter moitas bocas, e só tiña o salario de profesor da Escola de Náutica que había en Vigo. El dedica moitísimas horas ao traballo que da a librería, os catálogos da librería, as cousas que escribía..., e logo, o traballo que dá editar.

Related items