Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Sobre Tanco e outras iniciativas ourensás

Transcription

De Ourense eu non sei gran cousa, pero de Gráficas Tanco, si controlo, porque coñecín moito a Carlos Vázquez, que era profesor de francés na Escola de Maxisterio e militante comunista. Morreu relativamente novo, e era un dos poucos libreiros que tiñan material clandestino (como Eduardo Hernández en Santiago ou Molist na Coruña)

Tanco publicou unha reedición da mellor gramática galega que había, cun prólogo de D. Juan Saco. E coincidindo co centenario, creo que foi en 1968, publica este libro. Pensaba publicar unha antoloxía miña (Poesía Galega de Protesta 1936-1966), pero foi prohibida, e sei que publicou algunhas cousas máis. Era un editor moi selectivo, por motivos políticos. Creo que imprimía el mesmo, en Gráficas Tanco, e por que se chamaba así, Tanco: chámase así por Vasco Tanco de Fregenal.

La Región ten imprenta e como tal publica libros, mais por ser imprenta publica o que lles pode parecer lucrativo, o que lles ofrecen... era un pouco como Celta, pero en Celta chegou un momento en que aparecen libros de poesía, de Castelao..., que respondía a un criterio que lles viña de fóra, pero non hai na Región un fenómeno parecido a Celta de Lugo. Ourense como a Atenas galega vén dos anos vinte.Houbo tertulias importantes en Ourense, como a que fixo Risco, e houbo moitas manifestacións literarias como a revista Posío (en 2 épocas), e por aí anda Alberto Vilanova (antes de marchar no 54 a Arxentina)... de aí o da Atenas galega, pero iso vén máis da Xeración Nós e da revista Nós. Logo o Voltaire, ten moita sona, pero o Voltaire é unha cousa para tomar os vasos ás veces arredor de Don Vicente Risco: o grupo de artistas que admiraban moito a Risco, os novos: Quesada, Xosé Luis de Dios, Virxilio... 

Related items