Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Bibliófilos galegos

Transcripción

A xente non acaba de entender ben que era Bibliófilos Gallegos, nin a colección Benito Soto de poesía. Din que Benito Soto era de Celso Emilio Ferreiro, mal dito, era de Sabino Torres. E por unha razón: porque o pai tiña unha imprenta, e eles eran un grupo de mozos que lían poesía e que non eran galeguistas, nin franquistas (nin sequera antifranquistas); gustáballes a poesía, e publicaban en galego... ou en castelán (se Aquilino lles mandaba un libro en galego, publicabano en galego, e se Eliseo Alonso lles mandaba un libro en castelán, publicabano en castelán). É unha colección de libros en galego e castelán do 49 ao 51, e é certo que é a primeira colección, e hai que entendelo aí: así como Galaxia era unha plataforma contra o réxime (na medida en que é posible loitar culturalmente contra o réxime), neste caso, Benito Soto era non era unha cousa contra o réxime, o que pasa é que publicaban libros en galego, e tamén en castelán. Durante algún tempo quen dirixe aquelo era Sabino porque tiña a imprenta do pai, pero un bo día descubren que alí tiñan un irmán maior, Celso Emilio (Sabino así o considera), que os axuda e aconsella, xa tiña publicado dous libriños, tiña máis experiencia, fixera a guerra (eles non fixeran ningún a guerra...).  É máis, nese grupo había xente decididamente antigaleguista como José Ruibal, que logo foi camarada meu no Partido Galeguista e, sobre todo, o pintor Rafael Alonso, decididamente antigaleguista . Así hai libros en galego: o de Aquilino, outro de Pimentel (que está en galego, mais traducido ao galego por Ánxel Fole, que é quen prologa ese libriño) ou castelán.

Más de esta entrevista: