O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu o encontro investigador “Elas no prelo: Mulleres no mundo da edición na Galiza”, onde se fixo unha primeira achega á análise da participación das mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado “A edición literaria na Galiza, 1975-2000” (PID2020-119605RB-I00), dirixido pola profesora da Facultade de Filoloxía da UDC e membro do grupo ILLA, Carme Fernández Pérez-Sanjulián.
Máis información en: https://citic.udc.es/gl/o-citic-acolleu-un-encontro-investigador-para-visibilizar-o-papel-da-muller-no-mundo-editorial-en-galicia/