Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Edicións Monterrey

Transcrición

Monterrey nace... aqueles eran libros de bibliófilo se vos acordades: fixeron maravillas, como o libro de Otero Pedrayo contra os féretros de Ribadavia (O Desengano do prioiro ou O pasamento da alegría: co grande auto epilogal e xusticieiro dos féretros de Floravia), tan bonito. Son edicións de bibliófilo coas que Monterrey quería emitir un signo de erudición, de bibliofilia, de libro selecto… Galaxia, que editou con coidado e editou ben, o que quería era chegar á xente, facer lectores; Galaxia respondía a un proxecto político dentro dunha dimensión cultural. Monterrey era unha cuestión estrictamente cultural, e ademais moi minoritaria, e publicou libros como, por exemplo, o das Viaxes de Sarmiento (cun moi bo prólogo de Viñas Cortegoso), e logo aquela famosa Égloga de Belmiro e Benigno de Pastor Díaz (parece que é de Pastor Díaz, seguen dicindo os entendidos), onde exhumaron un texto descoñecido dun precursor do Rexurdimento; pero móvense nun plano erudito ou de libro de regalo.

Máis desta entrevista: