Logotipo

Xesús Alonso Montero

19 de decembro de 2013 - 12 de febreiro de 2014. Real Academia Galega

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Galaxia e a edición da obra de Castelao

Transcrición

Eu sei que non lles gustou, concretamente a Xaime Isla, que a Castelao o publicara un comunista como Ramón Akal. [Por que Galaxia non publicou As Cruces de pedra na Galiza?] As cruces de pedra na Galiza estaba xa publicada en Bos Aires e facer unha reedición... era un libro moi costoso, logo, fíxoo Akal no 74, cando había aquela paixón de final do franquismo de publicar todo tipo de libro galeguista republicano ou marxista. Non sei... nese momento eles quizais xa teñen tics e inercias, e xa son un pouco refractarios a certas cousas, e Castelao quizais xa non era o seu home, xa non era o home de Galaxia. Eles entendían que Castelao se equivocaba políticamente con certa frecuencia, e por iso necesitaba de asesores como Valentín Paz-Andrade antes da guerra, e logo da guerra, D. Rodolfo Prada en América. Eso téñeno dito eles, e eu creo que non están exentos de razón.

Máis desta entrevista: