Logotipo

Novidades

(ver todas)

Presentación

  Esta web presenta o resultado dos traballos realizados ao abeiro de dous proxectos de investigación complementares: “La producción editorial en Galicia durante la etapa franquista (1939-1975)” (FFI2010-16924) e “Produción e mercado editorial en Galiza durante a etapa franquista: a súa incidencia na industria editorial actual” (10SEC104017PR). Estes proxectos dirixidos por Carme Fernández Pérez-Sanjulián desenvolvéronse no Grupo de Investigación Lingüística e Literaria (ILLA) da Universidade da Coruña. O...Ler máis

O mundo editorial

A produción editorial na Galiza durante a etapa franquista estivo fortemente condicionada polo marco ideolóxico e, tamén, polas difíciles circunstancias socio-económicas derivadas da ditadura. A pesar destas limitacións, o labor editorial non foi testemuñal, pois xurdiron numerosos proxectos editoriais na Galiza entre 1939 e 1975, algúns duradoiros, outros fugaces. Existiron mecenas, diferentes propostas editoriais e comerciais, modos variados de conseguir un público lector, e opcións estéticas e...Ler máis