Logotipo

O mundo editorial

A produción editorial na Galiza durante a etapa franquista estivo fortemente condicionada polo marco ideolóxico e, tamén, polas difíciles circunstancias socio-económicas derivadas da ditadura. A pesar destas limitacións, o labor editorial non foi testemuñal, pois xurdiron numerosos proxectos editoriais na Galiza entre 1939 e 1975, algúns duradoiros, outros fugaces. Existiron mecenas, diferentes propostas editoriais e comerciais, modos variados de conseguir un público lector, e opcións estéticas e ideolóxicas diferenciadas. Contemplada no seu conxunto, esta actividade cumpriu un papel significativo na resistencia cultural que foi chave na loita antifranquista e na procura dunha sociedade democrática. É esta unha circunstancia non foi suficientemente valorada até agora, como proba o descoñecemento que existe de moitas destas iniciativas editoriais, mesmo dalgunhas de indiscutíbel suceso.

Con certeza, o panorama editorial da época é máis complexo do que decote se considera. Normalmente, só se te&