Nesta Base de datos pódese consultar a produción editorial en galego publicada na Galiza durante a etapa franquista, unha produción que se aproxima aos 800 títulos.
A ferramenta de procura permite buscar as obras editadas en galego durante o período 1939-1975 utilizando diferentes filtros para acoutar as buscas.
Filtros diponíbeis:
- Procura por título: pódese buscar a edición dunha obra introducindo no primeiro filtro (ou caixa de busca) o título correspondente.
- Procura por tipo: este filtro permite diferenciar os textos que foron editados como libros daqueles editados noutros formatos (basicamente, folletos, discursos...).
- Procura por xénero literario: este filtro permite facer procuras a partir do xénero das obras: poesía, narrativa, ensaio, teatro ou outros. Neste último grupo inclúense as obras que non encaixan en ningún dos xéneros sinalados como, por exemplo, álbumes ilustrados, calendarios, dicionarios, manuais etc.
- Procura por data de edición: permite buscar as obras editadas nun determinado período de tempo.
- Procura do rol desenvolvido por persoas concretas: Escribindo o nome da persoa pódense buscar aquelas edicións en que participou nun rol concreto (autor/a, editor/a mais tamén autor/a de prólogo, editor/a literario, ilustrador/a, tradutor/a…). Se o rol que se escolle é "Calquera" aparecerán todas as obras en que esta persoa tivo algún tipo de participación.
- Procura das edicións en que unha organización participou desempeñando un rol concreto: escribindo o nome da organización e o rol desempeñado (imprenta ou editora) obtéñense as obras en que esa organización participou nese rol.
Presentación de resultados:
O resultado de todas esas procuras é sempre a listaxe de obras que cumpren os criterios dos diferentes filtros establecidos. A partir desa listaxe pódese obter mais informacións de cada obra, concretamente:
- Información sobre as edicións da obra: premendo no símbolo “máis” da marxe esquerda poderemos acceder á información sobre todas as edicións dunha obra. Facendo clic sobre cada unha delas teremos acceso á ficha coa información completa.
- Información sobre a autoría de obras: o buscador permítenos acceder a dous tipos diferentes de información desde esta páxina. Por un lado, premendo no símbolo da listaxe que figura á dereita do nome do/a autor/a podemos acceder a todas as súas obras e, por outro, ao facer clic no botón BVG accedemos á súa ficha na páxina da Biblioteca Virtual Galega.
- Información sobre o rol desempeñado por unha persoa: cando se utiliza o filtro de persoa e rol obtense como resultado unha listaxe de obras en que esa persoa participou desenvolvendo ese rol concreto. Nese caso, ao facer clic en cada obra, pódese acceder á información completa sobre a mesma, ao tempo que na columna da dereita aparece o nome do autor/a da obra.